Renacer. Premio Galicia de Fotografía Contemporánea
Comisariado: Vitor Nieves
Fechas: 31 de enero – 24 de febrero de 2017
Lugar: Sala Afundación, A Coruña
Exposición individual
Renacer foi o ensaio fotográfico gañador da 3ª edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. Este Premio, coordinado pola equipa do festival Outono Fotográfico é patrocinado pola Xunta de Galicia e máis pola Deputación de Lugo. A exposición, producida polo Premio, chega á Sede Afundación de A Coruña logo de estar en Lugo, Ourense, Braga, Lisboa, Valladolid, Segovia, Fortaleza (Brasil) e Vigo. O xurado estivo composto ese ano polo curador e profesor de Belas Artes Xosé Manuel Buxán Bran; o fotógrafo e conservador da Colección Alcobendas José María Díaz-Maroto; a directora do Festival Encontros de Agosto de Brasil, Patricia Veloso; o director do Outono Fotográfico, Xosé Lois Vázquez; o curador da Sección Oficial do festival e coordinador do Premio, Vítor Nieves; Encarna Lago, xestora da Rede Museística da Deputación de Lugo e Mercedes Gallego representando á Xunta de Galicia.








